Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 28 de setembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Parada do Monte, a favor dos veciños de Parada do Monte, na parroquia de Parada (Santa Eufemia), no concello de Lobeira (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data 22 de setembro de 2015, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Parada do Monte, a favor dos veciños de Parada do Monte, na parroquia de Parada (Santa Eufemia), no concello de Lobeira (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data 6 de maio de 2013, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños do pobo de Parada do Monte, na parroquia de Parada (Santa Eufemia), no concello de Lobeira, no que solicitan a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas.

Segundo. Con data 18 de marzo de 2015, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e ábrese un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Comunal de Parada do Monte.

Comunidade solicitante: Parada do Monte.

Parroquia: Parada (Santa Eufemia).

Concello: Lobeira.

Superficie total: 85.332 m2 (8,53 ha).

Parcelas que forman o monte: unha única parcela, sen enclavados.

Descrición da parcela:

Está formada polas parcelas catastrais e superficies seguintes:

Concello

Polígono

Parcela

Superficie catastral

Superficie para clasificar

Lobeira

9

235 (completa)

65.506 m2

65.506 m2

9006 (camiño)

5.456 m2

2.800 m2

9008 (camiño)

17.620 m2

333 m2

12

663 (completa)

7.478 m2

7.478 m2

947 (completa)

9.215 m2

9.215 m2

Total (superficie para clasificar)

85.332 m2

Linda coas seguintes parcelas catastrais (todas do concello de Lobeira):

Norte (enumeradas de oeste a leste): polígono 9, parcelas 9006 (camiño), 189, 9008 (camiño) e 185.

Sur (enumeradas de leste a oeste): polígono 9, parcelas 143 e 144; polígono 12, parcela 903.

Leste (enumeradas de norte a sur): polígono 9, parcelas 156, 155, 154, 153, 152, 150, 149, 148, 237, 147, 146, 145, 192, 142 e 141.

Oeste (enumeradas de norte a sur): polígono 9, parcela 9006 (camiño); polígono 12, parcelas: 948, 657, 658, 659, 662, 665, 664, 669, 675, 676, 678, 677, 9006 (camiño); polígono 9, parcela 9006 (camiño); polígono 12, parcelas 823, 829, 830, 847, 912, 913, 911, 907, 908, 909 e 910.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da dita lei: «son montes veciñais en man común (...) os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes e as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Comunal de Parada do Monte, a favor dos veciños de Parada do Monte, na parroquia de Parada (Santa Eufemia), no concello de Lobeira (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 28 de setembro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense