Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 25 de setembro de 2015 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Mascato I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Mascato I, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Resolución do 4 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral do Mar, autorizouse a constitución dun dereito de hipoteca sobre as concesións de cinco bateas, entre as que se encontra a batea Mascato I (Portonovo, A, 61).

Segundo. Mediante escrito do 24 de setembro de 2015, Ramiro Camiña Castro (35286830-T), no nome e representación de Mariscos Pato-Mar, S.L. (B-36309987), solicitou autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Mascato I.

Terceiro. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Cuarto. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Ramón Rodríguez Muñiz (35259836-P), María Victoria García Figueiras (35443174-J), Javier Rodríguez Muñiz (35308358-T) e Yolanda Landín Lamas (44083160-A), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Mascato I.

Situación:

Cuadrícula número: 61.

Polígono: A.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 15.3.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Mariscos Pato-Mar, S.L. (B-36309987).

Novos titulares: Ramón Rodríguez Muñiz (35259836-P), María Victoria García Figueiras (35443174-J), Javier Rodríguez Muñiz (35308358-T) e Yolanda Landín Lamas (44083160-A).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. A actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas da anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 25 de setembro de 2015

P.D. (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo