Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Luns, 19 de outubro de 2015 Páx. 40502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2015/173-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Título: recuamento provisional liñas BAL 15 kV no contorno da subestación Balaídos.

Situación: Vigo.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con conductor RHZ en tres actuacións:

• LMTS BAL706, 707, 708, 712, 714, 716, 717, 718, 720, 723, 724, 725, 727, 728, 729, 730, 731 e 739. Lonxitude: 1.338 metros. Orixe: sala de celas de 15 kV da subestación Balaídos. Final: punto de acceso (en diante, P.A.) proxectado nº 3.

• LMTS BAL706, 717, 720, 724, 729 e 739. Lonxitude: 348 metros. Orixe: P.A. proxectado nº 3. Final: P.A. existente nº 6.

• LMTS BAL707, 708, 712, 714, 716, 718, 723, 725, 727, 728, 730 e 731. Lonxitude: 576 metros. Orixe: P.A. proxectado nº 3. Final: P.A. existente nº 7.

A instalación está situada na zona de Balaídos, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra