De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, segundo o disposto no artigo 61.
Os actos foron adoptados polo instrutor dos expedientes.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita no Edificio Administrativo Monelos; Vicente Ferrer, 2-8º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 25 de setembro de 2015
José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: ANI-CO-0008/2015-V.
Denunciada: Manuela Castelo Hermida.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: ANI-CO-0009/2015-V.
Denunciada: María Dolores Nadales González.
Acto de notificación: proposta de resolución.
Expediente: CAZ-CO-00034/2015-V.
Denunciada: Sociedad de Caza y Pesca río Iso (Tecor C-10.039).
Acto de notificación: proposta de resolución.