Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: LMTS, CT, BT Sixto.
Situación: Valga.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 547 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-630/13 da PAS808 ponte e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado no polígono 16, parcela 439, Lamas, Valga.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 23 de setembro de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra