Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40331

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 1 de Sarria

EDICTO (442/2014).

Procedemento ordinario 442/2014

Procedemento orixe:

Sobre outras materias

Demandante: Natividad Montilla Ramírez

Procuradora: María Oliva Acuña Santamarina

Avogado: Miguel Fernández Freire

Demandados: Ministerio Fiscal, Miguel Ángel Ceballos

Edicto (442/2014)

Eu, María del Carmen Álvarez Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Sarria, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 442/2014, seguido por instancia de Natividad Montilla Ramírez contra o Ministerio Fiscal e Miguel Ángel Ceballos, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza

Sarria, 30 de xuño de 2015.

Eu, Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Sarria, vistos os autos do xuízo ordinario 442/2014 iniciado tras a interposición de demanda pola procuradora María Oliva Acuña Santamarina, baixo a dirección letrada de Miguel Ángel Fernández Freire, contra Miguel Ángel Ceballos, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal, procedín a ditar a seguinte sentenza.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Natividad Montilla Ramírez contra Miguel Ángel Ceballos, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

En consecuencia, que debo privar e privo a Miguel Ángel Ceballos da patria potestade sobre a súa filla Ángeles Ceballos Montilla.

As custas impóñenselle ao demandado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, pois contra ela cabe a interposición de recurso de apelación no prazo de vinte (20) días que se contarán desde a súa notificación. O dito recurso será resolto pola Audiencia Provincial de Lugo.

Así o acorda, manda e asina Ricardo Pailos Núñez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Sarria.

Ao se encontrar o dito demandado, Miguel Ángel Ceballos, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Sarria, 2 de xullo de 2015

A secretaria xudicial