Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40345

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (255/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 255/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nicolás Javier Delgado Cavallo contra Solvento Servicios, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

En Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que estimo integramente a demanda interposta por Nicolás Javier Delgado Cavallo fronte á mercantil Solvento Servicios, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil Solvento Servicios, S.L. a que aboe ao actor a cantidade de 3.429,55 euros en concepto de quince días de aviso previo (77,81 euros), vacacións período contractual (1.145,16 euros), nómina de 14 días de xuño de 2012 (721,02 euros), axudas e horas extras (792,56 euros), cantidade que debe ser incrementada cos xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Non ten lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Segundo. O 3.12.2014, a parte actora presenta un recurso de aclaración por entender que existe un erro de transcrición no feito probado segundo da sentenza ao consignar unha cantidade distinta (falta un cero) que leva consigo, pola súa vez, un erro de cálculo na decisón da sentenza. Mediante auto con data do 19 de decembro de 2014, corríxese o suposto erro quedando a parte dispositiva da sentenza redactada da seguinte forma:

“Que estimo integramente a demanda interposta por Nicolás Javier Delgado Cavallo fronte á mercantil Solvento Servicios, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil Solvento Servicios, S.L. a que aboe ao actor a cantidade de 4.092,55 euros en concepto de quince días de aviso previo (770,81 euros), vacacións período contractual (1.145,16 euros), nómina de 14 días de xuño de 2012 (721,02 euros), axudas e horas extras (792,56 euros), cantidade que debe ser incrementada cos xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Non ten lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET”.

Terceiro. Formulado novo recurso de aclaración, neste caso, por parte da empresa demandada, advírtese que, ao corrixir o suposto aritmético indicado polo demandante, se incorre nun novo erro de cálculo ao aumentar a cantidade obxecto de condena.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien logo de asinadas, pero aclararanse algún concepto escuro e rectificar calquera erro material de que adoezan.

2. As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou a petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, sendo neste caso resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma, e en relación á emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos de que puidesen adoecer sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente para efecto as devanditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

2. Se se tratase de sentenzas ou autos que tivesen omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitado no proceso, o tribunal, a solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da devandita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou non haber lugar a completala.

3. Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

4. Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se fosen procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Efectivamente, tal e como sinala o demandado, ben que debeu corrixirse no seu día o erro advertido polo demandante, no auto de data 19 de decembro de 2014 incórrese nun novo erro de cálculo ao considerar que a cantidade final obxecto de condena tamén debeu ser aumentada, cando o certo é que, tal e como sinala a empresa demandada, a pesar da falta dun cero nunha das cantidades, a suma final da condena era correcta e coincide exactamente co que se reclama en demanda, debendo corrixir novamente a parte dispositiva da sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva:

Que rectifico o erro de cálculo contido na parte dispositiva do auto con data do 19 de decembro de 2014, debendo quedar redactada o feito probado segundo e a parte dispositiva da sentenza do seguinte xeito:

Feito probado segundo:

A empresa demandada debe ao actor a cantidade total de 3.429,55 euros en concepto de quince días de aviso previo (770,81 euros), vacacións período contractual (1.145,16 euros), nómina de 14 días de xuño de 2012 (721,02 euros), axudas e horas extras (792,56 euros).

Decido:

Que estimo integramente a demanda interposta por Nicolás Javier Delgado Cavallo fronte á mercantil Solvento Servicios, S.L. e o Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil Solvento Servicios, S.L. a que aboe ao actor a cantidade de 3.429,55 euros en concepto de quince días de aviso previo (770,81 euros), vacacións período contractual (1.145,16 euros), nómina de 14 días de xuño de 2012 (721,02 euros), axudas e horas extras (792,56 euros), cantidade que debe ser incrementada cos xuros de demora do artigo 29.3 do ET.

Non ten lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Esta resolución é firme e contra esta non cabe recurso ningún, ben que, poderá interpoñerse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Solventia Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

A secretaria xudicial