Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40379

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Arbo (expediente IN407A 2015/167-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT derivada Sela.

Situación: Arbo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 448 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo proxectado no apoio existente HV-630-15 e final no centro de transformación existente Sela (36CJ69), o cal se reforma para permitir a acometida proxectada. Retensado do van aéreo (57 metros) comprendido entre os apoios HV-630-15 e HV-2B-15. A instalación está situada na zona dos Eidos de Abaixo, Sela, Arbo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra