Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Venres, 16 de outubro de 2015 Páx. 40378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2015/166-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: ret. LMT TUI803 rúa Anta.

Situación: Tui.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor tipo LA-110 de 33 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 1 tipo C-4500-18 na saída TUI803 e final no apoio proxectado nº 2 C-3000-20, no cal se fai un paso aerosubterráneo, continuando a liña desde este en subterráneo 171 metros con condutor RHZ ata o punto de acceso á rede nº 6 proxectado na saída TUI803. A instalación está situada na zona da rúa Anta, As Bornetas, Tui.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 21 de setembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra