Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Título: LAT 132 kV Novo Balaídos Citröen e Novo Balaídos Gondomar (soterramento na subestación Novo Balaídos).
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: liña de alta tensión a 132 kV dobre circuíto, Novo Balaídos Citröen e Novo Balaídos Gondomar, cun tramo aéreo de 15 metros desde o apoio existente 53 ata o novo apoio 54N de transición aerosubterráneo e desde este un tramo subterráneo de 118 metros ata a subestación Novo Balaídos. A instalación está situada na zona de Balaídos, Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 25 de setembro de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra