Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39880

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (39/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 39/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Casqueiro Davila contra Grupo Cetssa Seguridad, S.A., Sequor Seguridad, S.A., Proseman, S.L., Nordés Vigilancia, S.A., Unmano de Seguridad, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015.

Únase o anterior escrito, presentado pola parte demandante, e confírase traslado da desistencia ás demandadas co fin de que no prazo de dez días manifesten a súa conformidade ou desconformidade con el, e fágaselles saber que, se non realizan alegacións no prazo conferido, se entenderán conformes con el.

Tendo sido devolta a notificación remitida á codemandada Umano de Seguridad, S.A. con resultado negativo por ausente na repartición, notifíqueselle a esta a presente resolución por medio de exhorto dirixido ao xulgado decano de Madrid e, asemade e para o caso de que resulte en ignorado paradoiro, por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 6 de xullo de 2015.

E para que sirva de notificación en legal forma a Proseman, S.L. e Unmano de Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2015

A secretaria xudicial