Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (212/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 212/2015

Procedemento de orixe: despedimentos/cesamentos en xeral 206/2015

Sobre despido

Demandante: José Ángel Romero Viñas

Graduado social: José Benito Vidal Rey

Demandados: Pollos Albariza, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 212/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ángel Romero Viñas contra Pollos Albariza, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Auto:

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. José Ángel Romero Viñas presentou solicitude de execución de sentenza nº 232/2015, ditada no DSP 206/2015 fronte a Pollos Albariza, S.L. e Fogasa e, atendendo á dita solicitude, con data do 7 de agosto de 2015 este órgano xudicial ditou auto en que despacha orde xeral de execución pola cantidade de 20.122,39 euros en concepto de principal (12.782,34 euros de indemnización + 7.100,76 euros de salarios debidos + 239,29 euros de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 2.012,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Pollos Albariza, S.L., realizada mediante decreto do 4 de decembro de 2014, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, ditouse con data do 7 de agosto de 2015 decreto en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, de ser o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei. Deberase dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e os trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non coñecerse novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Pollos Albariza, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 20.122,39 euros en concepto de principal (12.782,34 euros de indemnización + 7.100,76 euros de salarios debidos + 239,29 euros de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 2.012,23 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos los efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, aberta no Banco de Santander, S.A., debendo indicar, no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pollos Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2015

A secretaria xudicial