Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 14 de outubro de 2015 Páx. 39838

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 2 de outubro de 2015 pola que se fai pública a ampliación do importe existente para a concesión de bolsas e axudas destinadas ás persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2015, convocadas pola Orde do 28 de maio de 2015.

A Orde do 28 de maio de 2015 (DOG núm. 105, do 5 de xuño), establece no seu artigo 2.5 que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 28 de maio de 2015, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 28 de maio de 2015, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015:

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

11.03.323A.480.0

201300545

2.886.161,74

Total

2.886.161,74

Segundo. Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar