A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 27 de agosto de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«8. Aprobación inicial do Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo (expediente de planeamento 2013006003).
A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (10 votos a favor), acordou:
Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo-Ourense, segundo o documento técnico redactado de oficio.
Segundo. Sometelo a información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos diarios de maior circulación da provincia.
Terceiro. Solicitar o informe sectorial en materia de patrimonio cultural á Administración competente, á Xunta de Galicia-Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, durante a fase de información pública».
Ourense, 14 de setembro de 2015
Jesús Vázquez Abad
Alcalde presidente