Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39816

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da delegación do Concello de Cerdedo en materia de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 4 de setembro de 2015, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Cerdedo por Acordo do Pleno municipal do 27 de abril de 2015, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que estean pendentes de cobramento na Tesouraría do Concello.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 7 de setembro de 2015

Mª del Carmen Silva Rego

Carlos Cuadrado Romay

Presidenta da Deputación
Provincial de Pontevedra

Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra