Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 13 de outubro de 2015 Páx. 39814

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO do 14 de agosto de 2015 de aprobación inicial do estudo de detalle para a solución técnica e estética dos soportais do UZPI.2.R (San Fiz).

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 15.7.2015, aprobou inicialmente o estudo de detalle para a solución técnica e estética dos soportais do UZPI.2.R. (San Fiz) do Plan xeral de ordenación municipal vixente (antigo sector do SUNP Sur-K do PXOU de 1990), solicitado pola xunta de compensación do devandito sector.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese á información pública polo prazo de vinte días, durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste concello (rolda da Muralla, nº 197) e presentarlle as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 14 de agosto de 2015

P.D. (Decreto 15005366)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente alcalde delegado
da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal