Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda a iniciación de expediente sancionador E.S. 2015/117 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puideron practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmase aos interesados que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Concello

Construnor Estructuras, S.L.

Acordo de iniciación de expediente sancionador

Santiago de Compostela

Norclisa Clima y Seguridad Integral, S.L.

Acordo de iniciación de expediente sancionador

Santiago de Compostela

Ascensores y Elevadores R.S. Galicia, S.L.

Acordo de iniciación de expediente sancionador

Cambre

Liex Mantenimiento Integral, S.L.

Acordo de iniciación de expediente sancionador

A Coruña

Electro KZ, S.L.

Acordo de iniciación de expediente sancionador

Narón

Fire Code Systems, S.L.

Acordo de iniciación de expediente sancionador

Arteixo