Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de actualización do plan de restauración da concesión da explotación mineira Elsa, número 6700, situada nos concellos de Arteixo e A Coruña, provincia da Coruña.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña fai saber que a sociedade Lista Granit, S.A., titular actual da concesión de explotación mineira Elsa, número 6700, en cumprimento do establecido no artigo 7 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras (BOE núm. 143, do 13 de xuño), presentou ante esta xefatura territorial o proxecto de actualización do plan de restauración da citada explotación.

Todas as persoas que se consideren afectadas poderán examinar o expediente na sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña, ou no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html) e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña