Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 31 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de actualización do Plan de restauración da concesión da explotación mineira denominada Cal de Xandía, número 2 situada no concello de Arteixo, provincia da Coruña.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña fai saber que a sociedade Lista Granit, S.A., titular actual da concesión da explotación mineira Cal de Xandía nº 2, en cumprimento do establecido no artigo 7 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación, presentou ante esta xefatura territorial o proxecto de actualización do Plan de restauración da citada explotación.

Todas as persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, e no seguinte enlace:

http://economiaeindustria.xunta.es/recursos/iniciativas?content=iniciativa_00030.html

podendo presentar as alegacións que consideren necesarias no prazo de trinta días a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio.

A Coruña, 31 de agosto de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña