Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2015/239-1).

Expediente: IN407A 2015/239-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: novo centro de reflexión Río do Pozo.

Concello: Narón.

Características técnicas:

– Centro de reflexión telecontrolado en edificio prefabricado de formigón manobra interior situado na rúa Bernardo Romero esquina con rúa Gonzalo Navarro, no polígono do Río do Pozo en Narón, con dous bloques de celas telecontroladas, o primeiro con tres celas de liñas e o segundo con dúas celas separadas por unha cela de acoplamento de barras telecontroladas.

– Liña aérea CRN-719 entre os apoios nº 9/1 e nº 9/2 (futura RDP-705), retensado do condutor existente LA-110 mm2 Al nunha lonxitude de 0,086 km con orixe no apoio nº 9/1 proxectado que substitúe o existente e final no nº 9/2 existente.

– Liña aérea CRN-719 entre os apoios nº 10 e nº 11 (futura RDP-706), retensado do condutor existente LA-110 mm2 Al nunha lonxitude de 0,068 km con orixe no apoio nº 10 proxectado que substitúe o existente e final no nº 11 existente.

– Liña de media tensión subterránea CRN-719 CR Río do Pozo a 15 kV, cunha lonxitude de 0,061 km, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 9 da LMT CRN-719 e final no CR Río do Pozo.

– Liña de media tensión subterránea CRN-719 (futura RDP-705) a 15 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al con orixe no CR Río do Pozo e final no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 9/1 da LMT-CRN-719 (futura RDP-705).

– Liña de media tensión subterránea CRN-719 (futura RDP-706) a 15 kV, cunha lonxitude de 0,160 km, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al con orixe no paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio nº 10 proxectado da LMT-CRN-719 (futura RDP-706) e final no Río do Pozo.

– Liña de media tensión subterránea CRN-717B a CR Río do Pozo a 15 kV, cunha lonxitude de 0,028 km, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al coa orixe nos empalmes proxectados na LMTS CRN-717B, no tramo entre a subestación de Cornide e o CS cementeira Río do Pozo e final no CR Río do Pozo proxectado (entrada e saída).

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña