Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2015/234-1).

Expediente: IN407A 2015/234-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: novas saídas LMTS subestación Río do Pozo.

Concello: Narón.

Características técnicas:

Adaptación do CT Río do Pozo (expediente 127/07) e do CS cementeira (127/07), modificando os conxuntos de celas de media tensión existentes en ambos os centros e reordenando as liñas que chegan a eles.

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha longitude de 2,137 km, con orixe na cela de liña existente na subestación do Río do Pozo, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e RHZ1-2OL (S) 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na cela de liña existente a CS cementeira.

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,944 km, con orixe na liña existente no CT Río do Pozo 22, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final na cela de liña existente a CS cementeira.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 16 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña