Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 9 de outubro de 2015 Páx. 39616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica o cambio de instrutora no expediente sancionador E.S. 2015/100 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non puidesen practicarse faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Concello

Gasogal, S.L.

Comunicación cambio instrutora

Melide

Francisco J. Fernández Varela

Comunicación cambio instrutora

Ames

José A. Rodríguez Baleato

Comunicación cambio instrutora

Ordes

Transportes Pocomaco, S.L.

Comunicación cambio instrutora

A Coruña