Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39170

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas da concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2015/16, convocadas pola Resolución do 29 de xuño de 2015.

No Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 7 de xullo de 2015, publícase a Resolución do 29 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2015/16, e pola que se procede á súa convocatoria, que establece no artigo 3.5. un prazo dun mes para que as federacións deportivas galegas presenten as solicitudes.

Unha vez que rematou o prazo de presentación de solicitudes, a Comisión de Análise estudou a documentación presentada polas federacións deportivas, que explicaron os proxectos deportivos presentados (anexo II da convocatoria) e comprobouse o cumprimento de todos os aspectos establecidos na convocatoria.

Unha vez rematado o estudo por parte da Comisión de Análise, o presidente desta remitiu a totalidade da documentación presentada, que cumpriu as exixencias contidas nas bases da convocatoria á Comisión de Selección, que foi a encargada da valoración das solicitudes recibidas e de formular a proposta motivada de resolución provisional, que foi comunicada aos solicitantes (federacións deportivas) con expresión aos deportistas bolseiros e o réxime de bolsa concedida.

Rematados os exames da convocatoria extraordinaria (setembro), a Comisión de Selección, tendo en conta os seus resultados e avaliadas as alegacións presentadas á listaxe provisional comunicada aos solicitantes, formula a proposta motivada de resolución definitiva ao titular da Secretaría Xeral para o Deporte, órgano encargado de resolver sobre a concesión ou denegación das solicitudes presentadas.

Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola Comisión de Selección a que se refire o artigo 4.2 das bases reguladoras establecidas pola resolución citada e as propostas formuladas por esta, tendo en conta o disposto no artigo 33 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, logo do estudo detallado das solicitudes formuladas en que se comprobaba a concorrencia dos requisitos requiridos, tal e como queda documentado na acta redactada con ocasión da sesión de traballo levada a cabo con data 7 de setembro de 2015, e vista a proposta formulada pola citada comisión de selección, e en virtude das atribucións que me foron conferidas

DISPOÑO:

Artigo único

1. Outorgar a concesión de bolsas de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2015/16 a favor dos seguintes deportistas propostos, identificados por apelidos e nome e ordenados polo réxime de bolsa concedida, unha vez aplicados os criterios establecidos nos artigos 11 e 18 das bases reguladoras do procedemento.

Os artigos 9 e 16 da convocatoria establece a seguinte natureza e número de bolsas que se van conceder:

Instalacións do Centro Galego de Tecnificación situadas en Pontevedra, rúa Padre Fernando Olmedo, 1:

Grupo de tecnificación.

Deportistas que fagan 15, 16, 17 ou 18 anos no 2016 (nados nos anos 2001, 2000, 1999 e 1998).

– Praza de residente: residentes de fóra do Concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, aloxamento (de domingo a xoves) e manutención completa (de luns a venres), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

– Praza de externo 1: residentes no Concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

Grupo de rendemento.

Deportistas de máis de 18 anos.

– Praza de residente: deportistas que fagan de 19 a 25 anos no 2016 (nados do ano 1997 ao 1991) que residan fóra do Concello de Pontevedra, que estean matriculados nalgún centro educativo.

Beneficios da praza: aloxamento (de luns a domingo) e manutención completa (de luns a venres), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 2: deportistas que fagan de 19 a 25 anos no 2016 (nados do ano 1997 ao 1991).

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 3: deportistas maiores de 18 anos.

Beneficios da praza: instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Elite: deportistas maiores de 25 anos.

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

A adxudicación do tipo de praza (externo 2, externo 3 ou elite) está determinada ademais pola aplicación dos criterios establecidos no punto sexto da convocatoria.

– Número de bolsas.

Convócanse un máximo de 195 prazas.

Grupo de tecnificación:

Ata 80 prazas de residente.

Ata 10 prazas de externo 1.

Grupo de rendemento:

Ata 12 prazas de residente (grupo rendemento).

Externo 2, externo 3 e elite, ata un máximo de 93 prazas. A decisión da Comisión de Selección segundo os criterios establecidos no punto sexto da convocatoria.

Insatalacións do Centro Galego de Vela, situado na Rampla de Cavadelo, s/n, na localidade de Vilagarcía de Arousa:

Deportistas que naveguen en clases olímpicas de tecnificación así como de alto rendemento (con posibilidade de clasificación a Río 2016) e con 16 anos cumpridos en adiante.

Os beneficios desta bolsa corresponderán á utilización das instalacións do Centro Galego de Vela situado na Rampla de Cavadelo, s/n, na localidade de Vilagarcía de Arousa, e aos medios técnicos (adestradores) á disposición do centro.

O número de bolsas convocado é un máximo de 25 prazas.

A Secretaría Xeral para o Deporte, vista a proposta da Comisión de Selección, poderá cubrir ou non a totalidade das prazas ofertadas en ambas as dúas instalacións.

2. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o secretario xeral para o Deporte no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I
Grupo de tecnificación
Residentes

Apelidos e nome

Matrícula

Curso

Modalidade

1. Alfaya Moreira, Eduardo

Renovación

2º bacharelato

Remo

2. Álvarez Rodríguez, Rafael

Nova

3º ESO

Loita

3. Andrade Budiño, Gaspar

Renovación

2º bacharelato

Natación

4. Barbado Fernández, Martín

Renovación

3º ESO

Bádminton

5. Barreiro Hermelo, David

Renovación

1º bacharelato

Piragüismo

6. Bello Rodríguez, Carmen

Nova

3º ESO

Tríatlon

7. Cadenas Suárez, Guillermo

Nova

2º bacharelato

Judo

8. Calviño Hermida, Salomé

Nova

4º ESO

Tríatlon

9. Cañibano de Celis, Elena

Renovación

4º ESO

Judo

10. Carbón Castro, Ana

Renovación

4º ESO

Bádminton

11. Carneiro Viqueira, Xabier

Renovación

4º ESO

Natación

12. Carnota Fandiño, Rebeca

Renovación

2º bacharelato

Tríatlon

13. Castaño García, Inés

Nova

1º bacharelato

Tríatlon

14. Castro Pereira, Brais

Renovación

2º bacharelato

Slalom

15. Citoula Pérez, Pedro

Nova

3º ESO

Piragüismo

16. Cons Gestido, Águeda

Nova

4º ESO

Natación

17. Costa Rama, Lorena

Nova

3º ESO

Slalom

18. Dacosta Docampo, Irene

Renovación

2º bacharelato

Piragüismo

19. Díaz Orosa, Roberto

Nova

3º ESO

Loita

20. Escourido García-Sousa, Luis

Nova

1º bacharelato

Remo

21. Fernández Casais, Rubén

Renovación

2º bacharelato

Piragüismo

22. Fernández de la Iglesia, Anxo

Nova

2º bacharelato

Taekwondo

23. Fontán Señoráns, Manuel

Nova

3º ESO

Piragüismo

24. Frieiro Carril, Carla

Nova

3º ESO

Piragüismo

25. Gago Martínez, Alejandro

Renovación

1º bacharelato

Remo

26. García Garay, Macarena

Nova

1º bacharelato

Natación

27. García Neira, Xoel

Nova

3º ESO

Piragüismo

28. García Sarita, Carlos Yobanni

Nova

3º ESO

Loita

29. García Torres, Rocío

Renovación

2º bacharelato

Judo

30. Gestoso Uzal, Noelia

Nova

1º bacharelato

Bádminton

31. González García, Andrea

Nova

1º bacharelato

Atletismo

32. González Matilla, Julio

Nova

1º bacharelato

Piragüismo

33. Goyanes García, Paula

Renovación

2º bacharelato

Natación

34. Graña Alonso, Pablo

Nova

1º bacharelato

Piragüismo

35. Iglesias Cuevas, Diego

Nova

1º bacharelato

Loita

36. Iglesias Fernández, Marta

Nova

1º bacharelato

Piragüismo

37. Lages Brión, Alexandre

Nova

3º ESO

Natación

38. Lameiro Rodríguez, Ahinoa

Renovación

4º ESO

Slalom

39. Manso Fraga, Tomás

Renovación

2º bacharelato

Natación

40. Martínez Baz, Miguel

Nova

1º bacharelato

Remo

41. Martínez Pachón, Gabriel

Nova

3º ESO

Piragüismo

42. Meira Gestido, Laura

Renovación

2º bacharelato

Atletismo

43. Miguélez Méndez, Iris

Renovación

2º bacharelato

Loita

44. Novas Barral, Emilio

Nova

1º bacharelato

Atletismo

45. Ochoa Fernández, Manuel

Renovación

2º bacharelato

Slalom

46. Oliveros Olaya, Miguel

Renovación

4º ESO

Slalom

47. Ortiz Benito, Arlet

Nova

3º ESO

Taekwondo

48. Otero Míguez, Diego

Renovación

4º ESO

Loita

49. Otero Pérez, Clara

Renovación

4º ESO

Natación

50. Pajarrón Puga, Ana

Nova

1º bacharelato

Atletismo

51. Pampín Blanco, Nerea

Renovación

1º bacharelato

Loita

52. Passaretti Pereira, Alejandro

Renovación

2º bacharelato

Natación

53. Pereira Amorín, Brais

Renovación

2º bacharelato

Judo

54. Pérez Domínguez, Miguel Ángel

Renovación

2º bacharelato

Piragüismo

55. Pérez Somoza, Pablo

Renovación

4º ESO

Judo

56. Quintáns García, Jorge

Nova

3º ESO

Slalom

57. Ramos Manteiga, Ainhoa

Renovación

2º bacharelato

Taekwondo

58. Reboredo Diego, Carlos

Nova

1º bacharelato

Judo

59. Rey López, Mario

Renovación

4º ESO

Piragüismo

60. Ribeiro Sanjorge, David

Renovación

4º ESO

Piragüismo

61. Rivas Iglesias, Iria

Nova

3º ESO

Atletismo

62. Rodríguez García, Cristina

Nova

4º ESO

Loita

63. Rodríguez Huertas, Iria

Nova

1º bacharelato

Tríatlon

64. Rodríguez Martínez, Enrique

Renovación

4º ESO

Bádminton

65. Rodríguez Martínez, Omar

Renovación

2º bacharelato

Loita

66. Rodríguez Vicente, Luis

Renovación

1º bacharelato

Piragüismo

67. Romero González, Adrián

Renovación

4º ESO

Judo

68. Ruiz Brage, Raquel

Renovación

4º ESO

Tríatlon

69. Salgado Ave, Carmen

Renovación

1º bacharelato

Loita

70. Sanluis Verde, Miguel

Nova

3º ESO

Bádminton

71. Sanmartín Andújar, Marta

Renovación

4º ESO

Bádminton

72. Silva Vieira, Francisco

Renovación

4º ESO

Piragüismo

73. Tomé Sanles, Manuel

Renovación

4º ESO

Natación

74. Troitiño Amoedo, Rubén

Renovación

2º bacharelato

Taekwondo

75. Uzal Paredes, Anxo

Nova

3º ESO

Loita

76. Varela Miras, Rodrigo

Nova

3º ESO

Taekwondo

77. Varela Penas, Judit

Renovación

1º bacharelato

Loita

78. Verea Seijas, Alberto

Renovación

1º bacharelato

Taekwondo

79. Vidal Aguín, Alba

Nova

3º ESO

Taekwondo

80. Vidal Vázquez, Sergio

Nova

3º ESO

Bádminton

ANEXO II
Grupo de tecnificación
Externo 1

Apelidos e nome

Matrícula

Curso

Modalidade

1. Beloso Abilleira, Martiño

Renovación

4º ESO

Piragüismo

2. García Otero, Carolina

Renovación

1º bacharelato

Piragüismo

3. Gómez Cortés, Lara

Renovación

1º bacharelato

Natación

4. Jiménez Deza, María

Nova

3º ESO

Atletismo

5. Lois Abal, María

Renovación

1º bacharelato

Tríatlon

6. Lorenzo Ramos, Enma

Nova

1º bacharelato

Atletismo

7. Murio Moure, Eva

Renovación

2º bacharelato

Bádminton

8. Pérez Touriño, Lidia

Renovación

2º bacharelato

Loita

9. Sánchez Louzán, Daniel

Renovación

2º bacharelato

Natación

10. Sieiro Barreiro, Carla

Renovación

2º bacharelato

Piragüismo

ANEXO III
Grupo de rendemento
Residente

Apelidos e nome

Matrícula

Modalidade

1. Alarza Vicente, Fernando

Renovación

Tríatlon

2. Bernárdez González, Álex

Renovación

Piragüismo

3. Brea Filloy, Manuel

Renovación

Bádminton

4. Cadilla Acevedo, Tecla

Renovación

Judo

5. Dacosta Piñeiro, Raquel

Renovación

Piragüismo

6. García Naviero, Natalia

Renovación

Piragüismo

7. Morison Rey, Camila Aldana

Renovación

Piragüismo

8. Nogueira Castro, Alejandro

Renovación

Bádminton

9. Rodríguez Hidalgo, Cristóbal

Nova

Tríatlon

10. Serrat Seoane, Antonio

Renovación

Tríatlon

11. Vallejo Esperón, Sergio

Renovación

Piragüismo

12. Vilas Vidal, María

Renovación

Natación

ANEXO IV
Grupo de rendemento
Externo 2

Apelidos e nome

Matrícula

Modalidade

1. Alonso Aradas, Camila

Renovación

Tríatlon

2. Blanco Guede, Álvaro

Renovación

Remo

3. Campos Varela, Sergio

Renovación

Natación

4. Chamosa Dacasa, Daniel

Nova

Atletismo

5. Costas Rodal, Darío

Renovación

Atletismo

6. Durán Acuña, Francisco

Renovación

Atletismo

7. Fernández Barbosa, Leticia

Renovación

Atletismo

8. Fernández Eiras, Pablo

Renovación

Taekwondo

9. García García, Pablo

Renovación

Loita

10. García Soto, Marcos

Renovación

Natación

11. García Suárez, Sara

Renovación

Taekwondo

12. Iglesias Vilela, Damián

Renovación

Loita

13. Lalín Canda, Noelia

Renovación

Loita

14. Monteagudo Moraña, Iago

Nova

Piragüismo

15. Muzas Fernández, Álvaro

Nova

Judo

16. Parada Enríquez, Beatriz

Renovación

Taekwondo

17. Paredes Padín, Sergio

Nova

Atletismo

18. Puig Malvar, Jorge

Nova

Atletismo

19. Sieiro Barreiro, Adrián

Renovación

Piragüismo

20. Viéitez Mariño, Sara

Nova

Loita

ANEXO V
Grupo de rendemento
Externo 3

Apelidos e nome

Matrícula

Modalidade

1. Palomanes Martínez, José Alfonso

Renovación

Atletismo

2. Gallego Bernárdez, Víctor

Renovación

Atletismo

3. Rodríguez Bugallo, Francisco

Nova

Atletismo

4. Ferrer Alonso, Santiago

Nova

Atletismo

5. Álvarez González, Marcos

Nova

Atletismo

6. Darriba Botana, Iván

Nova

Bádminton

7. Rosa Moya, Alexis

Renovación

Judo

8. Tellado Rabuñal, Patricia

Renovación

Judo

9. Bajo Borlán, Laura

Nova

Judo

10. Henriques Fernández, Víctor Hugo

Renovación

Judo

11. Graña Blanco, Óscar

Renovación

Piragüismo

12. Ferro Dios, Ramón

Renovación

Piragüismo

13. Cuadros Otero, Alejandro

Nova

Piragüismo

14. Casal Vidal, Jenifer

Nova

Piragüismo

15. García Martínez, Iván

Renovación

Taekwondo

16. Tilve Costas, Ruth

Renovación

Taekwondo

17. Rascado Ríos, Fernando

Renovación

Taekwondo

18. Parada Martínez, Ángel

Renovación

Taekwondo

19. Brión Sampedro, Carlos

Renovación

Tríatlon

20. Valiño Gómez, Aida

Renovación

Tríatlon

21. Castro Nogueira, Saleta

Renovación

Tríatlon

22. Rodríguez Iglesias, Gustavo

Renovación

Tríatlon

23. Herrero Aguirre, Paula

Renovación

Tríatlon

24. Dios Ríos, Cristóbal

Nova

Tríatlon

25. Carrera Costas, Martín

Nova

Tríatlon

ANEXO VI
Grupo de rendemento
Elite

Apelidos e nome

Matrícula

Modalidade

1. Casañas Hernández, Frank

Renovación

Atletismo

2. Okutu Kouletio, Jean Marie

Renovación

Atletismo

3. Pereira da Ponte, Solange

Renovación

Atletismo

4. Bernabeu Avomo, María

Renovación

Judo

5. Portela Rivas, Teresa

Renovación

Piragüismo

6. Romero Fraga, Diego

Renovación

Piragüismo

7. Campos García, Manuel Antonio

Renovación

Piragüismo

8. Sánchez Sánchez, José Manuel

Renovación

Piragüismo

9. Lores Romay, Jacobo

Nova

Piragüismo

10. Piñeiro Devesa, Lúa María

Renovación

Taekwondo

11. Rodríguez Gacio, Susana

Renovación

Tríatlon

12. Ortega de Miguel, María

Renovación

Tríatlon

ANEXO VII
Instalacións Centro Galego de Vela de Vilagarcía de Arousa

Apelidos e nome

Matrícula

Clase

1. Abalo Rodríguez, Calixto

Renovación

470 masculino

2. Álvarez Gil, Andrés

Renovación

470 masculino

3. Amaro Filgueira, Pilar

Renovación

470 masculino

4. Bugallo Arriola, Luís

Renovación

49er

5. Domínguez Fajardo, Adrián

Renovación

470 masculino

6. Echegoyen Domínguez, Tamara

Renovación

49erFX

7. Figueroa Cabral, Antonio

Renovación

Paralímpica 2.4mR

8. Paz Blanco, Antón

Renovación

49er

9. Paz Blanco, Carlos

Renovación

49er

10. Piñeiro Aspera, Francisco Javier

Renovación

Paralímpica 2.4mR

11. Rodríguez García-Paz, Nicolás

Renovación

470 masculino

12. Sarasola Díez, Laura

Renovación

470 feminino

13. Suárez González, Patricia

Renovación

470 feminino

14. Toro Suárez-Pumariega, Sofía

Renovación

470 feminino

15. Vieito Cobián, Tomás

Renovación

Rsx masculino

16. López Marra, Igao

Nova

49er

17. Echévarri Erasun, Fernando

Nova

Nacra 17

18. Alonso González, Mª Teresa

Nova

Láser radial/49erFX

19. Domínguez Rodríguez, Marta

Nova

49erFX

20. García Portela, Pablo

Nova

470 masculino

21. Álvarez Gil, Andrés

Nova

470 masculino

22. García Royo, Rosario

Nova

470 feminino