Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (260/2014).

ETX execución de títulos xudiciais 260/2014

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 152/2013

Sobre ordinario

Demandante: Lucía Mella Montouto

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandada: Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 260/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Mella Montouto contra a empresa Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto o 15 de setembro de 2015, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Dispoño: non procede despachar a execución solicitada, por encontrarse a entidade executada Bosquexo Solucións Integrais na Construccin, S.L. en situación de concurso, ao corresponder a competencia ao xuíz do concurso, isto é, ao Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada (artigos 186 e 187 LPL).

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza                            A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

Para que sirva de notificación a Bosquexo Solucións Integrais na Construcción, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

A secretaria xudicial