Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2015/360-1 e tres máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, mediante esta cédula notifícaselles o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Dispoñen dun prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no BOE, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º (Centro Comercial de Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.

Realizado o trámite de audiencia, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións por termo doutros tres días, despois dos cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

A Coruña, 22 de setembro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente nº: RL 2015/360-1.

Acta inf. nº: I152015000071335.

Empresa: Cortefiel, S.A.

NIF: A08099459.

Enderezo: rúa Caracas, 23-4º, 28010 Madrid.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigo 15 do Convenio colectivo de comercio vario da provincia da Coruña 2008-2011.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Proposta de sanción: 6.250 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

2. Expediente nº: RL 2015/371-1.

Acta inf. nº: I152015000074870.

Empresa: Cortefiel, S.A.

NIF: A08099459.

Enderezo: rúa Caracas, 23-4º, 28010 Madrid.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigo 12.4, letras a) e e), do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigos 7.2 e 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Proposta de sanción: 1.876 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

3. Expediente nº: RL 2015/399-1.

Acta inf. nº: I152015000078914.

Empresa: Hestafil, S.L.

NIF: B15468523.

Enderezo: rúa Rafael Alberti, 10 baixo, 15173 Oleiros (A Coruña).

Materia: prevención de riscos laborais.

Normativa infrinxida: artigo 3 en relación co anexo II, números 1.1, 1.2 e 1.10 do Real decreto 1215/1997, do 12 de xullo, polo que se aproban as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo, en relación cos artigos 14.2, 15 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais.

Tipificación: artigo 12.16 b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Proposta de sanción: 2.046 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

4. Expediente nº: RL 2015/406-1.

Acta inf. nº: I152015000087604.

Empresa: Ciudad Cristal, S.L.

NIF: B15361421.

Enderezo: rúa Alfonso Senra, 26, 15680 Ordes (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 12, 23 e 34 a 38, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Proposta de sanción: 626 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.