Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados os estatutos da Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas no sentido laboral, con traballadores ao seu cargo, que se dediquen á actividade empresarial descrita no artigo 3 dos estatutos.

Asinan a acta de constitución: Mercedes Treviño Romero en representación de Miscelaneous Promusic, S.L., José Luis Couceiro Bermúdez en representación de Producciones Artísticas Alarma, S.L. y Manuel Méndez Duarte en representación de Profesional Equipment, S.L.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2015

Carmen Bouso Montero
Directora xeral de Traballo e Economía Social