Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39198

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 30 de setembro de 2015 pola que se declara deserta a convocatoria de concurso para a provisión dun posto de traballo vacante na Administración especial da Xunta de Galicia, en execución da Sentenza do 5 de maio de 2014 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Por Orde da Consellería de Facenda do 6 de agosto de 2015 (DOG núm. 166, do 1 de setembro) convocouse concurso para a provisión dun posto de traballo vacante reservado a funcionarios/as da Administración especial da Xunta de Galicia, Xefatura de Área Técnica de Analise de Proxectos, con titulación de Enxeñaría de Montes, nivel 26, código MA.C08.00.001.15770.026, adscrita á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en execución da Sentenza do 5 de maio de 2014 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

Unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso sen que ningún/ningunha funcionario/a presentase solicitude de participación, esta consellería, en uso da competencia atribuída polo artigo 14.2.d) da Lei 2/2015, do 4 de maio, do emprego público de Galicia, e de conformidade coa base VII.5 da convocatoria

DISPÓN:

Único. Resolver o concurso para a provisión do posto de traballo vacante, declarando deserto por falta de solicitudes a Xefatura de Área Técnica de Análise de Proxectos, código MA.C08.00.001.15770.026, ofertada na convocatoria.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta mesma consellería, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses que se contará desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda