Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato mixto, suxeito a regulación harmonizada, para a xestión indirecta do servizo portuario de recepción de refugallos xerados por buques, servizo de recollida, transporte e xestión de residuos perigosos nos portos e servizo de limpeza, recollida, transporte e xestión de residuos perigosos na lámina de auga, nos portos do sector sur (expediente 3/2015/CNTSE).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2) Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4) Teléfono: 981 95 70 25.

5) Correo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es.

6) Enderezo da internet do perfil de contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23425.

7) Data límite de obtención de documentación e información: a sinalada no número 1.2 do CCC.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: mixto (prestación de servizos e xestión de servizo público).

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no número 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non hai.

d) Lugar de execución/entrega: os servizos serán prestados nos portos definidos no anexo I do PPT, localizados no sector sur de Portos de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: tres anos, con posibilidade de prórroga por un ano máis.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración das ofertas serán os establecidos na cláusula 4.8.2 do PCAP.

4. Valor estimado do contrato: 228.853,68 euros, IVE excluído (equivalente ao orzamento de licitación e a súa eventual prórroga de contrato por un ano, incrementado nun 10 %, para modificacións previstas na cláusula 8.1.1.2 do PCAP).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 156.036,60 euros.

b) Importe do IVE (21 %): 32.767,69 euros.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo R; subgrupo 5; categoría a).

b) Solvencia económica ou financeira: non resulta necesaria a súa acreditación ao resultar exixible a clasificación.

c) Solvencia técnica e profesional: non resulta necesaria a súa acreditación ao resultar exixible a clasificación.

c) Outros requisitos de capacidade: os exixidos no número 9.3 do CCC.

d) Requisitos específicos que se exixen ao adxudicatario do servizo: os exixidos no número 9.4 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás catorce (14.00) horas do día 16 de novembro de 2015.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

2) Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.6.1 do PCAP (teléfono: 902 40 08 70; fax: 981 54 53 24).

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.7 do PCAP e nos números 9 e 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados, segundo se especifica na cláusula 4.7 do PCAP.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: neste procedemento, os licitadores poderán ofertar melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no PPT. Estas melloras poderán referirse aos aspectos recollidos no número 5.2 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da EPPG. Praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central, Polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

c) Data e hora: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levará a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte e darase publicidade no perfil de contratante á data e hora exacta de realización do devandito acto.

Se por algún motivo hai que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de ofertas, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que deriven da publicación deste anuncio correrán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de setembro de 2015.

12. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.1 do PCAP, examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil do contratante os defectos observados, co fin de que, de ser o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia