Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 7 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador LU-52/2014 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido e ao non ser posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola Xefatura Territorial da Consellería.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do IGVS de Lugo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Lugo, 7 de setembro de 2015

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: E.S. LU-52/2014.

Interesado: Ricardo Cuesta Espejo.

Último enderezo coñecido: Alfonso X, 102-1º C, Lugo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.

Expediente: E.S. LU-45/2014.

Interesado: Agustín López Pérez e outra.

Último enderezo coñecido: Santo Grial 46, Lugo.

Acto de notificación: inicio do procedemento sancionador.