Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Mércores, 7 de outubro de 2015 Páx. 39277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, para a adquisición e instalación dun sistema de monitorización de pacientes críticos da hospitalización experimental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 %, no marco do Proxecto Hospital 2050 do programa operativo Feder-Fondo Tecnolóxico 2007-2013 (lote único) (expediente AB-SER2-15-018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Montaxe e Equipamento.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Montaxe e Equipamento.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n-2º andar.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfonos: 881 54 27 66/881 54 27 68.

5º. Telefax: 881 54 86 11.

6º. Data límite de obtención de documentos e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7º. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: www.sergas.es .

d) Número de expediente: AB-SER2-15-018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición e instalación dun sistema de monitorización de pacientes críticos da hospitalización experimental do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

c) División por lotes e número: lote único.

d) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

e) Prazo máximo de entrega: 20 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada na pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 88.000 €.

5. Orzamento base de licitación.

Orzamento sen IVE: 88.000 €.

Orzamento con IVE: 106.480 €.

6. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o último día de presentación coincidir en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación das ofertas, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deben presentar: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Admisión de ofertas conxuntas: non se admiten.

g) Outras informacións: toda a información relativa ao expediente farase pública na páxina web que se cita neste anuncio.

9. Apertura das proposicións: a data, a hora e o lugar de realización das mesas de apertura dos sobres B e C (acto público) publicarase no perfil do contratante www.sergas.es .

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo está indicado no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos