Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39148

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación, por procedemento aberto, da subministración en réxime de arrendamento de vehículos para a Policía Local.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Policía Local. Nº de expediente: 43577-212.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración en réxime de arrendamento (renting) de 17 vehículos dotados de transformación policial. División por lotes: non.

Lugar de entrega: Parque Central de Servizos do Concello de Vigo.

Prazo de execución: catro (4) anos. Prórroga: si; unha de nove meses de duración.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.021.018,56 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e a folla de especificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 29 de outubro de 2015.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 14 de setembro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación