Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39147

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases xerais reguladoras da convocatoria para as subvencións a asociacións sen ánimo de lucro, taxi adaptado e alugamento.

No BOP de Lugo número 222, do 26 de setembro de 2015, publicouse o texto íntegro das bases xerais 2015 reguladoras da convocatoria para subvencións para alugamento de vivendas en Lugo, subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais e concesión de axudas económicas a persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado, aprobadas pola Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do día 16 de setembro de 2015, acordos número 16/622, 18/624 e 17/623, respectivamente.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as solicitudes que consideren oportunas, no prazo de 30 días naturais para as subvencións para alugamento e dun mes para as subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro e para as axudas económicas para gastos do transporte en taxi adaptado, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 23 de setembro de 2015

P.D. (Decreto 15005366, do 6.7.2015)
Ana María González Abelleira
Tenente alcalde da Área de Goberno de Benestar Social,
Igualdade e Inclusión