Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación dos servizos de recollida, transporte e entrega a xestor autorizado dos residuos procedentes de construcións e demolicións xerados polo taller do Servizo de Vías e Obras.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 73432-250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: servizos de recollida, transporte e entrega a xestor autorizado dos residuos procedentes de construcións e demolicións xerados polo taller do Servizo de Vías e Obras do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 200.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non procede.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 22 de setembro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación