Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39061

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 9 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, polo que se fai pública a notificación do acordo da procedencia de reintegro parcial da axuda concedida ao abeiro da Resolución do 10 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións a entidades de iniciativa social (expediente SI427A 2011/5-0).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á entidade interesada o contido da resolución que figura no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse ante esta Secretaría Xeral da Igualdade recurso de reposición no prazo dun (1) mes, que se contará desde o día seguinte ao desta publicación. Todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente: SI427A 2011/5-0.

Entidade interesada: Federación de Autónomos de Galicia.

CIF: V15440639.

Último enderezo coñecido: rúa Alcalde Suárez Ferrín, 15, soto 2, local 1, 15011 A Coruña.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro parcial da axuda.

Feito que motiva o reintegro parcial: Resolución do 6 de agosto de 2014, da secretaria xeral da Igualdade, pola que se minora o importe da axuda concedida, notificada o 21.8.2014.