Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39132

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Camariñas.

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Camariñas (A Coruña) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte á data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5 A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, na avda. Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na páxina web: www.portosdegalicia.com, na epígrafe de Planificación portuaria.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia