Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2015 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Muros.

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Muros (A Coruña) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de corenta e cinco (45) días que se contarán a partir do día seguinte á data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5 A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, na avenida Alférez Provisional, 5, 1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na páxina web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de Planificación portuaria.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia