Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 6 de outubro de 2015 Páx. 39133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da adquisición de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas de augas realizadas polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia para o desenvolvemento do proxecto de solucións sustentables para pequenas subministracións de auga, subvención Life 12 ENV/ES/000557, concedida pola UE ao Concello de Abegondo e aos seus beneficiarios asociados: Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MS-CON1-15-024.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas de augas realizadas polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia para o desenvolvemento do proxecto «Solucións sustentables para pequenas subministracións de auga».

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/10.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 31 de decembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0 e 33698100-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntos

Criterios valorables de forma automática (sobre B):

Oferta económica

Prazo de entrega

0-90

0-10

4. Valor estimado do contrato: 64.952,10 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 54.126,75 euros. Importe total: 65.493,37 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver puntos 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: ver número 28 da folla de especificacións.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos