Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2015 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisicion dunha plataforma aérea Lidar non tripulada (expediente 26/15).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais. Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 26/15.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: plataforma aérea Lidar non tripulada.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: CACTI (Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación). Servizo de Detección Remota no Campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo, 36310.

e) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ao da formalización do contrato; non obstante, o prazo de execución será inferior cando pola tramitación do expediente así se corresponda, posto que o contrato deberá estar executado como data límite o 22 de decembro de 2015 de xeito íntegro na totalidade das prestacións que comprende (entrega, montaxe, instalación, formación, de ser o caso, etc.). Se no acto de recepción que terá lugar o día 23 de decembro de 2015 non se executaron a totalidade das obrigas que comprende, acordarase a rescisión do contrato por incumprimento da contrata, con incautación de garantía definitiva e posterior devolución do entregado.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Codificación CPV: 38300000-8 - CPA:26.5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación (todos automáticos):

1º. Redución no prezo de licitación: 40 puntos.

2º. Tempo de voo do UAV, realizando o escaneamento desde o aire con todas as cargas de pagamento a bordo (Lidar, GPS/INS, antenas, cableado, FPV, cámara fotogramétrica, etc.). Este tempo exclúe o tempo empregado en aterrar e engalar: 20 puntos.

3º. Precisións finais absolutas da nube de puntos Lidar en horizontal (X-Y) e en vertical (Z): valor mínimo 7 cm para unha altura de voo de 25 m e velocidade de voo mínima do UAV: 12 puntos.

4º. Nº de días de adestramento en todo o equipamento e todos os programas requeridos no prego de prescricións técnicas (equipamento, software de control, aplicación, etc.) dirixido ao persoal do servizo que se fará cargo do equipamento, no uso, manexo e mantemento práctico do equipamento. O adestramento realizarase no lugar onde se instale o equipamento: 10 puntos.

5º. Capacidade de carga do UAV no aire: 9 puntos.

6º. Nº de pulsos láser por segundo: 8 puntos.

7º. Inclusión dun sistema de paracaídas para aterraxe de urxencia no UAV: 1 punto, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 119.667 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 119.667 € + 25.130,07 € de IVE que soporta.

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva (5 % importe de adxudicación sen IVE).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia. Servizos Centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.200 euros.

11. Outras informacións: fondos Feder. Convocatoria 2013. Ministerio de Economía e Competitividade. Axudas a infraestruturas e equipamento científico-técnico. Subprograma estatal de infraestruturas científicas e equipamento. Número de proxecto: UNVI13-1E-2744. Data límite para executar a aplicación dos fondos: 31 de decembro de 2015.

Vigo, 23 de setembro de 2015

P.D. (Resolución 7.5.2014, DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo