Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 17 de setembro de 2015 pola que se notifica o Acordo do 18 de xuño de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 1199-2 e comp., sito en Gondomar, relativo ao proxecto 00015 (expediente 2006/000219).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), modificado polo artigo 25 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Delfín Núñez Pascual o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 18 de xuño de 2015 que fixa o prezo xusto do predio número 1199-2 e comp., sito en Gondomar, relativo ao proxecto 00015, expediente 2006/000219, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela 15703.

3. De conformidade co citado artigo 25 da Lei 15/2014, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2015

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 00015 Autoestrada Puxeiros-Val Miñor. Treito Puxeiros-Val Miñor. TM Gondomar.

Nº de expediente: 2006/000219.

Persoa que se notifica: Delfín Núñez Pascual.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Expropiado: Delfín Núñez Pascual.

Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra.

Predio nº: 1199-2 e comp.

Concello: Gondomar.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do xurado: 1.193,54 €.