Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente á convocatoria para prover varias prazas vacantes no Servizo de Extinción de Incendios.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 158, do 18 de agosto de 2015, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no Servizo de Extinción de Incendios integradas na oferta de emprego público do Concello de Pontevedra do ano 2010 e, así mesmo, no BOP núm. 182, do 21 de setembro de 2015 e no BOP núm. 187, do 28 de setembro, publicáronse as súas correspondentes correccións.

O concelleiro responsable da Área de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio, mediante Resolución do 15 de abril de 2015, en execución da Sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra no procedemento abreviado 175/2014, convocou os procesos selectivos para a cobertura das prazas que a continuación se sinalan:

– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: A. Subgrupo: A1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial. Establécese o sistema de selección de oposición libre.

– Grupo, segundo o artigo 76 da Lei 7/2007: C. Subgrupo: C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción de incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: sarxento. Establécese o sistema de selección de concurso-oposición restrinxido mediante o procedemento de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da Corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 28 de setembro de 2015

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde