Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro das axudas á contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo), relativa ao expediente TR348A 2011/42-2 e dous máis.

Intentada a notificación dos acordos do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, polos que se inicia o procedemento de reintegro das subvencións concedidas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido dos ditos actos como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles aos interesados un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que xulguen pertinente ante esta xefatura territorial.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 11 de setembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2011/42-2.

Nome: Xelda Eido Rural, S.L.

DNI/NIF: B27389303.

Axuda: subvención á contratación indefinida inicial de persoas traballadoras.

Orde reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo).

Último enderezo coñecido: rúa Quiroga Ballesteros, 17 B, 27346 O Incio (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1 do anexo A, da orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acordo: 26 de agosto de 2015.

Nº de expediente: TR348A 2011/67-2.

Nome: Kanoura Fish, S.L.

DNI/NIF: B27342492.

Axuda: subvención á contratación indefinida inicial de persoas traballadoras.

Orde reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo).

Último enderezo coñecido: parque Celeiro, lonxa, almacén 17, 27863 Viveiro (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1 do anexo A, da orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acordo: 25 de agosto de 2015.

Nº de expediente: TR348A 2011/183-2.

Nome: Lucus Terrae, S.L.

DNI/NIF: B27412709.

Axuda: subvención á contratación indefinida inicial de persoas traballadoras.

Orde reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras (Diario Oficial de Galicia do 28 de marzo).

Último enderezo coñecido: rúa Bispo Basulto, 8, 1º, 27001 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras subvencionadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base sétima, número 1 do anexo A, da orde de convocatoria.

Contido do acto administrativo: inicio do procedemento de reintegro da axuda.

Data do acordo: 2 de setembro de 2015.