Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación do artigo 2, domicilio social, dos estatutos sociais da entidade denominada Horta Viva, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación do artigo 2 «Domicilio Social», dos estatutos sociais da entidade denominada Horta Viva, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do Consello Reitor do 21 de xullo de 2015, no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña. O seu novo domicilio é O Castro-Leiloio, s/n, concello de Malpica de Bergantiños, da provincia da Coruña.

A Coruña, 4 de setembro de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña