Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2015/52-2, 8246 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT Camiño Guntín-Reboredo.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas:

1. Desmontaxe das instalacións existentes aéreas a 20kV. MOF805 Peares 5 e MOF808 Saviñao 8, por ser estas antirregulamentarias, entre os pasos aéreos a soterrados proxectados.

2. LMT soterrada a 20 kV debido á desmontaxe da LMT aérea con orixe nos pasos aéreos a soterrados proxectados e final nos pasos aéreos a soterrados proxectados en condutor tipo RHZ1-240.

3. Centro de transformación estrada de Reboredo (27CM04) no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

4. Centro de transformación camiño Guntín-Reboredo (27CH67), no cal se instalan dúas celas de liña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Esta xefatura territorial resolve, de acordo coas competencias atribuídas no Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro), e no Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 15 de setembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo