Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38836

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 10 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a notificación do inicio do trámite de audiencia dun expediente tramitado por esta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 do Código civil e nos artigos 41, 52, 53, 54, 55 e 61 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

O expediente relacionado a continuación atópase á disposición do interesado no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial de Lugo; rolda da Muralla, 70, planta baixa.

Nº do expediente: 2013/261-2.

Interesado: José Antonio Acién (NIE-DNI: descoñecido).

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.

Lugo, 10 de setembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo