Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2015/198-1).

Número de expediente: IN407A 2015/198-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CTI e RBT A Casilla do Bañal.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a CT A Casilla do Bañal, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,529 km, coa orixe en apoio de formigón existente nº 57 da LMTA MOL-825 (expte. 32140), condutor tipo LA-56 mm2 e final no CT A Casilla do Bañal (proxectado).

Centro de transformación intemperie A Casilla do Bañal, cunha potencia de 50 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 9 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/198-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CTI e RBT A Casilla do Bañal.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml áereo

ml sub.

m2 áereo

m2 sub.

1

Lago

Monte baixo

Francisco Isidro Corral Ramos

1

2.0

71.0

710.0

2

Lago

Monte baixo

Francisco Isidro Corral Ramos

31.0

333.0

3

Cristo do Bañal

Monte alto

Ermitas Barro Castro

35.0

566.0

4

Bañal

Prado

Francisco Roca Criado

José Pena Corral

12.0

124.0

5

Bañal

Prado

José Pena Corral

31.0

308.0

6

Bañal

Vía pública

Concello das Pontes de García Rodríguez

7

Bañal

Prado

Josefa Antonia Dopico Dopico

½ (2)

1.0

26.0

268.0

8

Bañal

Prado

José Dopico Chao

½ (2)

1.0

85.0

845.0

9

Bañal

Monte alto

José Pena Corral

3, 4 e 5 centro de transformación

20.0

223.0

3642.0