Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 5 de outubro de 2015 Páx. 38819

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Paderne (expediente IN407A 2015/217-1).

Número de expediente: IN407A 2015/217-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación da LMT PED-706 e CT Gunduriz (15A403).

Concello: Paderne.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea PED-706, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,085 km, coa orixe en apoio metálico que se vai instalar en substitución dun existente actual derivación a CT particular da Cooperativa del Plantel, condutor tipo LA-56 mm2, e final en apoio de formigón proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CTC Gunduriz, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, coa orixe en apoio de fomigón proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV- 3×240 Al, e final en cela de liña que se vai instalar en novo CTC Gunduriz (proxectado).

Novo centro de transformación prefabricado Gunduriz, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de diciembre).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 8 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2015/217-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación da LMT PED-706 e CT Gunduriz (15A403).

Concello: Paderne.

Nº de predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

m2

ml áereo

ml sub.

m2 áereo

m2 sub.

1

O Plantel

Prado

Cooperativa Plantel Comarcal de Betanzos

3

9.0

1.0

16.0

2

Piñeiro

Prado

Mª Teresa Fernández Fernández

3.0

35.0

3

Forcada

Monte baixo

Cooperativa Plantel Comarcal de Betanzos

4,5 centro transf. caseta e acceso

36.0

81.0

850.0