Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38392

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (997/2014).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 997/2014-MFV.A

Xulgado de orixe dos autos: S. Social 70/2013 Xulgado do Social da Coruña número 5

Recorrente: Mutual Cyclops

Avogado: Luis Manuel Rodero Díaz

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Multitiendas Cutus, S.L., Josefina García Moreno

Mª Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 997/2014 desta sala, seguido por instancia de Mutual Cyclops contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Multitiendas Cutus, S.L., Josefina García Moreno sobre accidente, se ditou a seguinte resolución: «Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Mutual Midat Cyclops contra a Sentenza do 18 de outubro de 2013, ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña, en proceso sobre determinación de continxencia, en autos nº 70/2013, debemos confirmar e confirmamos a dita resolución. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado perante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar o depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste. Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++). Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Multitiendas Cutus, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de setembro de 2015

A secretaria xudicial