Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38390

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (248/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1642/2012 desta sección, seguido por instancia de Pesquera Caldeirón, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Isabel Taibo Pose, Carlos Suárez Taibo, sobre recargo de accidente, se ditou en data 16.6.2015 no recurso de casación para unificación de doutrina 248/2014 pola Sala do Social do Tribunal Supremo:

«Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola procuradora Ana Tejelo Núñez, en nome e representación de Pesquera Caldeirón, S.L., representado nesta instancia pola procuradora Adela Cano Lantero, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data do 12 de xuño de 2014, no recurso de suplicación número 16421/2012, interposto por Pesquera Caldeirón, S.L., fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social nª 2 dos da Coruña de data do 10 de outubro de 2011, no procedemento nº 981/2009 seguido por instancia de Pesquera Caldeirón, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Isabel Taibo Pose e Carlos Suárez Taibo, sobre recargo de prestacións.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, con imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constituído.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Dolores Isabel Taibo Pose y Carlos Suárez Taibo, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de setembro de 2015

A secretaria xudicial