Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2015 pola que se lle dá publicidade á formalización dun contrato (expediente 02/2015 SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de subministración de gas natural aos centros de consumo da Rede de enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 02/2015 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22438

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de gas natural aos centros de consumo da Rede de enerxía da Xunta de Galicia (Redexga).

c) Lotes: 2.

Lote 1: subministración de gas natural canalizado aos centros de consumo da Redexga que figuran no anexo VI do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) que rexe nesta contratación.

Lote 2: subministración de gas natural licuado (GNL) mediante descargas na planta regasificadora aos centros de consumo da Redexga que figuran no anexo VII do PCAP que rexe nesta contratación.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 09123000-7.

e) Acordo marco: non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 17 de abril de 2015; BOE número 99, do 25 de abril de 2015 e DOG número 73, do 20 de abril de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado con publicidade e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 67.901.119,37 euros.

5. Orzamento base de licitación: segundo o establecido na cláusula C da folla de especificacións do PCAP.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 31 de xullo de 2015.

Lote 2: 31 de xullo de 2015.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 28 de agosto de 2015.

Lote 2: 28 de agosto de 2015.

c) Contratista:

Lote 1: Gas Natural Comercializadora, S.A.

Lote 2: Gas Natural Comercializadora, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: polos prezos unitarios que figuran na resolución de adxudicación e no contrato.

Lote 2: polos prezos unitarios que figuran na resolución de adxudicación e no contrato.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria:

Lote 1: é a entidade que presenta a mellor oferta económica.

Lote 2: é a entidade que presenta a mellor oferta económica.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015

P.D. (Orde do 10.10.2014; DOG núm. 3, do 7.1.2015)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria