Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 1 de outubro de 2015 Páx. 38419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o acordo da procedencia de reintegro da axuda para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo), relativa ao expediente TR341D 2011/26-2.

Intentada a notificación do acto do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, polo que se acorda a procedencia de reintegro da axuda, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o estabelecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e contra el cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial de Traballo e Benestar en Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 10 de setembro de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2011/26-2.

Nome: Laura Teijeira Altarriba.

DNI/NIF: 46712915F.

Último enderezo coñecido: r/ Sant Feliu de Llobregat, 12, 2º, porta 2, 08015 Badalona, Barcelona.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo) pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Feito imputado: non realizar a atividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17, punto 1.a) da orde de convocatoria.

Contido do administrativo: acordo da procedencia de reintegro da axuda.

Data do acto administrativo: 12 de xuño de 2015.